BASES DE PARTICIPACIÓN NA CAMPAÑA

 1ª) Sortéanse vales de compra de 1.000 €, 500 €, 300 €, 150 €, 100 € e de 50 €, que poderás gastalos nos establecementos da cidade. En total repartiranse 87 vales de compra.

 2º) Poderán participar todo-los compradores que fan as súas compras nos establecementos do Concello de Pontevedra.

 3º) Non poderán participar os empregados do propio establecemento, nin os familiares en primeiro grao, do contrario anularíanse os tickets.

 4º) Co ticket de compra, recibirán unha tarxeta cun código alfanumérico (exemplo: 6ZB1QJ9).

 5º) Se resulta premiado, o importe a gastar en cada establecemento será dun mínimo de 30 € e un máximo de 200 €.

 6º) Entra na páxina web: www.aempe.com, rexístrate co teu código para participar e ver se resulta premiado.

 7º) Os tres primeiros premios entregaránse nun acto público que terá lugar no salón de Actos do Concello. Poñerémonos en contacto con tódalas persoas que resulten premiadas.

 8º) O período de vixencia da promoción comprende do 16 de Decembro de 2016 ata ás 23:59 h do día 13 de Xaneiro de 2017.

 9º) Conserve ata a recepción do premio os tickets de compra e a tarxeta, para poder optar no sorteo dos tres grandes premios. A data de caducidade da tarxeta que conteña os códigos gañadores é de quince días ao remate da campaña.

 10º) Todo-los códigos rexistrados na web, entrarán no sorteo final que se celebrará o Luns 16 de Xaneiro de 2017, a través dunha aplicación informática consistente en facer una elección aleatoria entre os devanditos códigos.